Revista Punto

2018-04-19T13:09:10+00:00 Ao Volante, Radar

XXXIV Rally de Noia

A Revista PUNTO estivo presente no Rally de Noia 2018
Redacción
Redacción16 Abril, 2018
XXXIV Rally de Noia
A Revista PUNTO estivo presente no Rally de Noia 2018

A Revista PUNTO, xunto coa súa “irmá” a Revista RUA, estivo os días 13 e 14 de abril apoiando a Macominho Sport no XXXIV Rally de Noia.

Os equipos formados por Ramiro Brito e Luís Roby, e Ricardo Costa e Rui Vilaça, foron os representantes de Macominho Sport na segunda cita do Campeonato Galego de Rallyes, despois do Rally de A Coruña no mes de febreiro. O equipo Costa-Vilaça, co Citroën Ds3 R5, facíase cun merecido primeiro posto na copa Top Ten Pirelli “A” e cun 5º posto na clasificación xeral.

O gañador da xeral foi Iago Caamaño, da escudería Lalín-Deza, impoñéndose sobre Víctor Senra e Alberto Meira. Podedes consultar a clasificación final en Temposfga.es.

A seguinte competición do circuito galego será a 52º edición do Rally Rías Baixas, que regresa tras dous anos de parón e terá lugar os días 12 e 13 de maio en Vigo.

As fotografías da galería son de Nuno Sampaio.

Compartir artigo