Revista Punto

2018-08-10T18:32:51+00:00 Cultura, Música

Galicat Quartet está de xira

Miguel Estima
Miguel Estima10 Agosto, 2018
Galicat Quartet está de xira

Galicat Quartet comezaron o pasado venres 3 de agosto a pequena xira que van facer polo sur de Galicia na Cantina do Centro Goianés, en Goianés, no concello de Tomiño. A tarde de calor foi amenizada con versións de jazz e o ambiente volveuse máis fresco con estes mozos músicos.

Galicat Jazz Quartet é un cuarteto que nace da fusión de dous músicos galegos e dous cataláns. Formado por tres estudiantes do Conservatori Superior del Liceu: Paula Barranco (voz), Adrià Pinto (baixo), Andrea González (batería) e un estudante do Conservatorio Superior de Coruña: Sergio Alonso (guitarra) preséntannos unha serie de standarts de jazz e latin, así como arreglos propios, pasando por cancións das grandes voces da historia do jazz.

Fotografías: Miguel Estima.

Compartir artigo