Revista Punto

2018-04-17T09:31:45+00:00 Cultura, Talento

What if we die tomorrow?

Javier Vázquez
Lucía Carballeda
Lucía Carballeda4 Abril, 2018
What if we die tomorrow?
Javier Vázquez

Crecimos con la televisión que nos hizo creer que algún día seríamos millonarios, dioses del cine o estrellas del rock. Pero no lo seremos. Y poco a poco lo entendemos. Lo que hace que estemos muy cabreados.

El club de la lucha

Acaba de aterrar na galería Federica No Era Tonta coma auga de maio. Malia ser manchego e residente en Madrid, Javier Vázquez (1984) ten un forte apego por Galicia. De pai coruñés e do Deportivo, pasa longas tempadas na cidade herculina.

Traballa con galerías en todo o mundo, desde Santiago de Compostela, Madrid e Barcelona ata Mykonos, Manhatan, Sao Paulo ou Bogotá. Conta ademais cun premio e adquisición de obra pola fundación Pilar Citoler, pola súa obra “What if we die tomorrow”. De feito, esta peza representa moi ben esa especie de carpe diem que o artista transmite coma ninguén.

What if we die tomorrow? 113 x 160 cm. Mixta sobre táboa. 2014

Lenzos coma estoupidos de cores, emocións, xuventude e exceso. Gran parte das súas composicións pictóricas representan festivais de música electrónica masificados onde os estupefacientes, os berros ou o frenesí introducen ao espectador nun mundo ingobernable. “Pool parties” en escenarios como Las Vegas e Ibiza, intres conxelados da sociedade contemporánea. Reflicte con crudeza a tiranía dos estereotipos e a presión dos medios de masas “como generadores de identidades”. En definitiva, a frivolidade.

POWER. We came here to live life like nobody was watching. 150 x 270 cm. Mixta sobre táboa. 2013

Pincelada impresionista, encadres fotográficos e horror ao vacío son algunhas das súas principais características. Pero posiblemente o termo que mellor defina a obra de Javier Vázquez sexa “forza”. Esa que vén da masa e da expresión dos sentimentos máis primitivos, coma o mozo co peito descuberto que actúa como eixo en “POWER. We came here to live life like nobody was watching”, e que case podemos escoitar como está a cantar o tema do seu grupo fetiche. A expresión do fenómeno “fan” no seu máximo apoxeo. Pero tamén dese “pathos” helenístico, ese patetismo tan de Scopas, esa exaltación do sentimento tan primario e inherente á condición humana que xa atopabamos no século IV a.C.

Compartir artigo