Revista Punto

2018-09-05T17:56:12+00:00 Ao Volante, Lifestyle

Toyota Prius Plug-in Hybrid

Eficiente e dinámico
Redacción
Redacción5 Setembro, 2018
Toyota Prius Plug-in Hybrid
Eficiente e dinámico

Lanzado hai máis de vinte anos como primeiro coche híbrido de produción en serie, o Prius está xa na súa cuarta xeración. O Toyota Prius Plug-in Hybrid ten a vantaxe de poder cargarse nunha tomada eléctrica, á que se xunta unha batería con maior capacidade, resultando un automóbil capaz de facer os desprazamentos cotiáns en modo Electric Vehicle (EV).

Aumentando a capacidade da batería, o Plug-in Hybrid duplica o raio de acción do modo EV da anterior xeración e mellora a autonomía eléctrica de condución, de media, a 50 km, reducindo significativamente a frecuencia coa que o motor de combustión se pon en funcionamento. O límite de velocidade tamén aumentou, dos 85 km/h aos 135 km/h. Outra das innovacións deste Prius son os dous motores eléctricos. Un deles é o xenerador do sistema híbrido, que actúa como un segundo motor cando circula en EV, o que permite unha media de consumo inferior aos 2 litros/100 km. Con maior velocidade de recarga, para favorecer a conveniencia da utilización, o Toyota Prius Plug-in presenta un panel solar no teito, capaz de xerar enerxía eléctrica para recargar a batería do sistema híbrido. Cando o coche está aparcado, sen estar enchufado á corrente, o teito solar carga a batería solar que, cando está completa, fornece enerxía á batería híbrida principal.

Durante a condución, o sistema de carga solar carga a batería auxiliar de 12 voltios, compensando os consumos adicionais e reducindo así o gasto de enerxía da batería híbrida principal. Esta recargar solar pode aumentar a autonomía de condución 100% eléctrica do novo Prius Plug-in ata un máximo de cinco quilómetros por día, o que equivale a cerca de 1000 km de condución exenta de emisións ao longo dun ano.

Dispoñible en cinco cores diferentes, o novo Plug-in presenta o deseño do panel de a bordo coa información estruturada por camadas, que coloca os mostradores e os monitores á distancia axeitada do condutor. A parte frontal e traseira foron redeseñadas en relación á versión anterior, co cristal traseiro con formato de burbulla. O último híbrido da marca xaponesa xa está dispoñible en España, por un prezo a partir dos 41.000 euros.

Compartir artigo