Revista Punto

2018-10-19T12:04:37+00:00 Compás, En Destaque, Lifestyle

Un escenario idílico entre viñedos e postas de sol

Reyes Riveiro
Reyes Riveiro2 Outubro, 2018
Un escenario idílico entre viñedos e postas de sol

Situada no centro da bella Italia, a Toscana, con Florencia como capital, posúe unha esencia única que atrapa a todo aquel que a visita.

Cando un pensa na Toscana a maioría ten na súa mente unha imaxe similar: viñedos, colinas e postas de sol idílicas. Escenario de películas como La vida es bella, Bajo el sol de la Toscana ou El paciente inglés, a Toscana ten moitísimo máis que ofrecer.

A Toscana abrangue 10 provincias, sendo as principais Florencia, Pisa, Arezzo e Siena. O que moitos non saben é que, aparte das localidades costeiras, na Toscana hai sete illas que compoñen o Parque Nacional do Arquipélago Toscano. Algunhas delas debido ao seu difícil acceso, son un dos maiores segredos deste paraíso. Volterra, Montepulciano, Cinque Terre, San Gimignano, Lucca, Pienza, Sorano, Monteriggioni ou Val d’Orcia son outros dos lugares imperdibles.

Estamos ante unha das rexións vinícolas por excelencia en todo o mundo. Na Toscana prodúcense máis de 36 variedades de viño e pode presumir de ser o berce dun dos viños tintos italianos máis recoñecidos, o DOCG Chianti. Hai multitude de itinerarios turísticos que teñen como nexo principal o universo do viño e a gastronomía local, mentres que noutros o protagonismo é para a natureza e o patrimonio histórico e artístico. As noites de calquera lugar da Toscana tamén teñen moito encanto: paseos, música en vivo ou teatro son plans que non teñen desperdicio.

Calquera época é boa para visitar a Toscana, pero si queredes aproveitar para presenciar a vendima, ao mesmo tempo que gozades dunha temperatura agradable, o adecuado é facelo entre setembro e outubro. O agroturismo está en auxe: os castelos, fortezzas e outros edificios singulares son unha perfecta opción de aloxamento. Isto permitiravos empaparvos do espírito da zona dunha maneira especial.

En definitiva, as oportunidades de Toscana son tan inmensas que a converten nun fantástico destino, apto para todos os gustos.

Recomendacións

. Alugar un coche ou unha Vespa é ideal para poder viaxar con total liberdade e explorar lugares da Toscana máis descoñecida que pagan a pena.

. A pesar de que é bo planear cada xornada de viaxe, o mellor consello que podemos darvos é: deixádevos levar e gozade do espectáculo toscano!

Compartir artigo