Revista Punto

2018-07-04T07:58:02+00:00 Decantar

St. Petroni: vermú galego xenuíno

Redacción
Redacción3 Xullo, 2018
St. Petroni: vermú galego xenuíno

A Vermutería de Galicia St. Petroni é unha empresa galega que naceu en 2014 e que está gañando terreo no mercado nacional e internacional, recuperando fórmulas tradicionais de vinificación para a elaboración de vermú. O vermú St. Petroni faise cun 75% de uva albariña con D.O. Rías Baixas (Subzona do Ulla), procedentes das plantacións da bodega do Pazo Arretén, en Padrón. Precisamente o nome da marca deriva da relación desta localidade co Camiño de Santiago e coa historia de Galicia.

É unha bebida cen por cen natural que consegue manter a potencia e acidez da uva no vermú. Hai dous tipos de St. Petroni: o vermú vermello e o vermú branco. No proceso de maceración do vermú vermello, os alcois combínanse con case unha trintena de herbas aromáticas e botánicos, entre os cales destacan “o absintio, follas de loureiro, herbaluisa, menta, romeu, tomiño, salvia e melisa, peles de laranxa doce e amarga, polpas de limón e flores de hibisco, macelas…”. Para o vermú branco inclúense ademais pementos con D.O.P de Herbón que lle dan ese matiz particular.

Ambos vermús caracterízanse por ser bebidas equilibradas, frescas e con multitude de matices, tanto en olor como en sabor. A calidade, o sabor e a orixinalidade converten ao vermú St. Petroni nun produto auténtico.

Cocktails

A marca suxire algunhas ideas de cocktails que se poden elaborar utilizando como ingrediente principal o vermú St. Petroni.

Compartir artigo