Revista Punto

2018-07-20T15:38:27+00:00 Descubrir, Lifestyle

Revitalizar o corpo e a alma

A Toxa & O Grove
Filipa Santos Sousa
Filipa Santos Sousa5 Xuño, 2018
Revitalizar o corpo e a alma
A Toxa & O Grove

As augas do Grove e da Illa da Toxa son famosas polos seus beneficios terapéuticos. Coa capacidade de eliminar o estrés, xunto á costa, os problemas típicos da vida non teñen sentido. Ao relaxar o corpo, mentres goza dunha excelente masaxe, é posible liberar tamén a mente, e navegar polo intenso horizonte azul.

O turismo en Galicia ten diversos puntos de interese e consegue agradar a públicos diversos. Os apaixonados pola natureza e a aventura encontran aquí un amplo abano de opcións, así como os veraneantes que adoran gozar de baños de sol nas paisaxes máis idílicas. Ao mesmo tempo, hai tamén espazo para os visitantes que procuran recargar enerxía, mentres se relaxan nun escenario refinado. Neste sentido, a Illa da Toxa xorde como unha das escollas máis obvias para quen procura liberar o corpo e o espírito das presións do día a día. É por iso que A Toxa é considerada un dos maiores balnearios de todo o territorio galego.

A Capela de A Toxa – ermida que chama a atención por estar revestida de conchas de vieiras –, o campo de golf e o casino son só algúns dos atractivos turísticos locais. No entanto, os centros de talasoterapia asumen o papel principal entre as razóns para a visita dos ‘forasteiros’. Co fin de utilizar as propiedades únicas do medio mariño, nun ambiente controlado e baixo vixilancia profesional, os visitantes poden combater o estrés, renovar a mente e navegar polo azul intenso do horizonte. Na Illa da Toxa é posible encontrar a serenidade que moitas veces falta. Despois diso, e de camiñar polo interior da Toxa, aproveite o feito de que a illa está unida á terra por unha ponte e faga unha ‘escapadiña’ ata ao centro urbano e histórico do Grove.

Localizado na entrada da Ría de Arousa, o concello do Grove é unha península que ocupa cerca de 21 km2 e está formado por dúas parroquias, San Martiño e San Vicente. As praias, as augas termais e o marisco fan deste un dos destinos máis coñecidos de Galicia. Polas rúas e prazas destaca-se unha rede de máis de 50 esculturas de granito, así como infinidade de marisqueiras. Mexillóns, ostras, vieiras e ameixas son algúns dos aperitivos que destacan nos menús gastronómicos. De feito, unha das maiores riquezas deste lugar reside, non só no poder curativo das súas augas, senón tamén na cantidade e calidade dos produtos do mar. Se visita O Grove durante o verán, rexistre na axenda un eventual regreso a comezos de outubro, altura do ano en que se celebra a habitual e célebre Festa do Marisco. O concello ten a capacidade de ofrecer varias experiencias aos turistas. Desde os beneficios terapéuticos das súas augas, ao marisco e carisma máis urbano, ata os encantos puros da natureza máis agreste.

No outro extremo da península, en San Vicente, encóntranse os maiores areais. Para chegar alí pode empregar o GroBus, se é en temporada de verán, e decidir onde comezar o seu percorrido a pé. Cunha incursión polo mato pode pasar de praia en praia ata encontrar aquela que lle agrade máis, desde as máis indicadas para os adeptos do naturismo ou para as familias. Mais, sexa cal sexa o camiño a tomar, non se esqueza de visitar o Con Negro: unha cala aberta e ventosa con ondas moderadas, ideal para os amantes da tranquilidade.

 

Compartir artigo