Revista Punto

2018-08-17T11:35:44+00:00 Lifestyle, Radar, Rexión, Turismo

Plans de lecer

Redacción
Redacción7 Agosto, 2018
Plans de lecer

Se os plans de praia vos saben a pouco, convidámosvos a probar outras opcións para as vosas escapadas de fin de semana. Tomade boa nota!

Noites de cine

The Style Outlets (Culleredo) ofrece cada venres, ata o 14 de setembro, as “Noites de autocine”. Ver películas de éxito ao libre e desde o coche, ao máis propio estilo americano, xa é posible tamén en Galicia.

Aloxarse entre árbores

Si, lichedes ben. Con aloxamentos como Cabañitas del Bosque, situadas en Outes (A Coruña), é posible pasar a noite en plena natureza, nada máis e nada menos que en cabanas entre as árbores. Pero estamos ante cabanas con todo tipo de comodidades: terraza, jacuzzi… E tamén programan actividades para facer na zona.

A vista de paxaro

Imaxinades pode ver desde o aire as fermosas paisaxes que vos presentamos nesta edición? Pois iso podedes conseguilo cun voo en parapente. Un piloto profesional e con experiencia será o encargado de acompañarche nesta aventura nun aparato biplaza. Todo depende das condicións meterolóxicas, pero en caso de que estas sexan favorables, non dubidedes en probalo!

Submarinismo

Non importa se é a primeira vez que o facedes ou non. As inmersións de buceo son algo que engancha. Simplemente é cuestión de escoller o lugar onde queremos practicar este apaixoante deporte e buscar profesionais que nos axuden a dar os primeiros pasos. En Galicia hai diversos centros que ofrecen este tipo de actividades.

Kitesurf

Na pasada edición falabamos do surf, pero nesta ocasión optamos por outro deporte acuático sobre táboa: o kitesurf. Trátase dun deporte extremo que consiste en deslizarse nunha táboa e empregando unha cometa de tracción que é a tira da persoa que o practica. A empresa Tartaruga Surf, no Grove, é unha das moitas que ofrece cursos deste deporte perfecto para soltar adrenalina.

Compartir artigo