Revista Punto

2018-08-08T08:24:41+00:00 Deporte, Personalidades, Radar

Pau Gasol en familia

Lisardo García
Lisardo García7 Agosto, 2018
Pau Gasol en familia

Era o mes de marzo de 2003 e a cita con Pau Gasol foi no ximnasio das instalación deportivas do Rhodes College, lugar de entrenamento dos Grizzlies de Memphis naquela época. Estaba tumbado na camilla mentres Robert Hackett, preparador físico dos Grizzlies lle vendaba os nocellos. Ao seu lado e bromeando con Gasol estaba Shanne Battier, o seu mellor amigo dentro do equipo: “¡Viva Pauuu Gasoool!, ¡Viva Pauuu Gasoool!” repetía insistentemente Battier ante a mirada perplexa do propio Pau, mentres nos comentaba: “Los que conocen bien a este loco, comentan que este licenciado en Ciencias Políticas puede llegar a ser Presidente de los Estados Unidos, imaginaros el panorama…”.

Transcorreran case nove meses desde que solicitaramos o permiso á NBA para poder realizar unha reportaxe con Pau Gasol para o programa de Televisión Española, Informe Semanal. A autorización pasaba por gravar 15 minutos no ximnasio, outros 15 minutos na cancha mentres entrenaba a porta fechada e un partido de competición oficial na Pirámide dos Grizzlies de Memphis, sede oficial do equipo de baloncesto de Pau Gasol. Ante tanta “xenerosidade” da NBA, e despois de tanto tempo de espera, entendín que a clave da reportaxe era coñecer á estrela española do basket norteamericano, en familia, coa súa nai María Luisa, co seu pai Agustí e cos seus irmáns Marc e Adriá. Unha familia que non desexaba naqueles momentos deixar só a un xoven Pau de 21 anos que acababa de ser nomeado mellor “rockie” o “novato” na NBA. E o meu instinto e o dos meus compañeiros de equipo de TVE, resultou acertado. A familia Gasol axudounos a realizar unha reportaxe irrepetible, entre outras cosas, porque documentamos o comezo da carreira de un dos máis grandes deportistas que deu España e unha das grandes estrelas da historia da NBA, visto a través dunha gravación que nunca antes nen despois da súa emisión se fixera.

E alí estábamos con Pau no ximnasio do Rhodes Collage: 21 anos, 2 metros e 13 centímetros de estatura, 106 kilos de peso, envergadura de brazos 2 metros e 29 centímetros e calzando un 51. Un ala-pivot capaz de xogar cerca e lonxe do aro, cun carácter gañador, tenaz e ambicioso, que lle permitiu destacar por enriba dos demais ata conseguir o seu soño: xogar e triunfar na NBA. As súas primeiras palabras na gravación da reportaxe foron: “Si estoy aquí es gracias a mi ambición. Si he conseguido todo lo que he conseguido hasta ahora como deportista es porque soy muy ambicioso y nada más”. Moitas cousas cambiaron na vida dun novísimo Pau Gasol cando chegou a Estados Unidos, pero a súa familia non quixo deixalo só. Instaláronse nunha urbanización privada ás aforas de Memphis e xunto a seus pais e aos seus dous irmáns comezou a vivir unha aventura e un soño que se fixo realidade. Así o expresaba a nai de Pau, María Luisa Saez, médico internista: “Esto es un sueño, estar aquí con él y acompañarlo es una gozada; yo siento algo muy grande porque mi hijo Pau esté aquí y espero que la gente sienta emoción porque hay un español que ha llegado hasta aquí. Estoy contentísima de que Pau haya llegado tan alto”. O pai, Agustí Gasol, enfermeiro de profesión, tíñao moi claro: “Nos planteamos un periodo de adaptación que va a ser este primer año en Estados Unidos, entonces por qué no plantearse una pequeña aventura con la familia y que sus hermanos también puedan aprovechar esta experiencia”. E aproveitárona. Marc converteuse nunha estrela do baloncesto mundial co seu equipo Grizzlies de Memphis e coa Selección Española, e Adriá, que no momento da realización da reportaxe tiña 10 años, estudou unha enxeñería na Universidade de California seguindo os pasos dos seus dous irmáns como xogador de baloncesto aínda que sen conseguir o éxito dos maiores. Un Marc Gasol con 16 anos dicía de seu irmán Pau: “Cuando se enfada, se enfada… pero es un chico joven que le gusta jugar conmigo. Para mí es un honor tener un hermano así”. E o primoxénito, nun plano secuencia filmado no interior daquel flamante 4X4 comprado coa súa primeira ficha millonaria por catro temporadas, cercana aos 14 millóns de dólares, sincerábase dicíndonos: “Yo toda la vida he estado con mi familia y venir aquí sin ella hubiera sido mucho más duro, en cambio al estar aquí conmigo, me hacen estar un poco más cerca de casa”.

A cidade de Memphis que se encontrou Gasol á súa chegada era a segunda máis importante do estado de Tennessee, no Medio Este de Estados Unidos. Cidade fronteiriza onde as pontes sobre o río Mississippi a separan do estado de Arkansas, tiña aproximadamente un millón de habitantes dos cales un 70% eran de raza negra. Con raíces profundamente relixiosas, foi unha cidade clave na loita pola igualdade racial. No Hotel Lorraine, convertido en Museo Nacional dos Dereitos Civís, foi asasinado en xuño de 1968 Martin Luther King. Cerca de onde caeu abatido o líder negro, nas instalacións deportivas do Rhodes Collage, Pau foi fortalecendo o seu corpo e preparándose para as “batallas” que ía disputar en cada un dos partidos da NBA. Robert Hackett, preparador físico dos Grizzlies, insistíalle: “Poco a poco debes de ir fortaleciendo tus piernas, tu cuerpo y dotarle de mayor equilibrio; eres un buen jugador pero eso no basta, porque aquí se da mucha leña y los jugadores más grandes, más fuertes pueden machacarte. Tienes que fortalecer tu cuerpo para poder enfrentarte con garantías”. E interviña Sydney Lowe, primer entrenador dos Grizzlies, zarandeándoo entre bromas: “Tienes que comer más, seguir mejorando el físico para yo poder decir que he entrenado al mejor jugador”.

María Luisa, a nai dos Gasol, pediu que a acompañaramos ao hipermercado para que viramos a compra que tiña que facer para ter contentos sobre todo a Pau e a Marc, porque Adriá aínda era pequeno. “Tenéis que grabar – nos decía María Luisa – una comida con Pau y Marc, veréis que apetito…En nuestra casa la alimentación puede suponer traducido en pesetas unas 500.000 al mes, comen mucho, son chicos muy grandes y el producto es caro. En Filadelfia me presentaron a Shaq O´Neall y me pareció impresionante. Me parecen pequeños grandes hombres, son como niños gigantes”. A familia Gasol sempre estivo contenta co rendemento de Pau na pista, pero preocupáballes o seu aburrimento fora dela. Pau e a súa familia saían pouco nunha das cidades máis perigosas de Estados Unidos. Pau forma tipo de estrelas. Grandes músicos do blues, do soul, do rock como Carl Perkins, Jerry Lee Lewis, Chris Isaac, Jhony Cash, B.B King, Elvis Presley e tantos outros que pasaron polo estudio Sun Record para gravar as súas cancións, e facer deste lugar unha reliquia sobre a que se creou a historia da cidade. A casa onde viviu Elvis Presley en Graceland, lugar de peregrinación de miles de turistas de todo o mundo, e a Beale Street cos seus neóns e músicos espontáneos, dan unha atmosfera nostálxica a aquel lugar. Ao final, tivemos sorte coa “xenerosidade” que nos outorgou a NBA autorizándonos a filmar un partido dos Grizzlies con Pau Gasol na cancha de La Pirámide fronte aos Boston Celtics, un adversario histórico do baloncesto norteamericano. A NBA, sempre foi un campionato á americana, onde negocio e deporte van da man. Vimos moito marketing, pero tamén un esforzo moi grande dos xogadores. Aquel partido gañárono no último segundo os Boston Celtics con un triplo desde o centro da pista. Comprobamos que os partidos da NBA son algo incrible, tanto como o que despertou a presenza de Gasol na Liga das Estrelas. Pau, xa no vestiario marcado por golpes e arañazos tralo partido, destacaba: “La expectación que ha despertado mi presencia aquí es algo increíble que nadie podía imaginar”. Despois, cando chegou a casa, María Luisa, como boa nai, entre a preocupación e a satisfacción, dicíanos: “¿Habéis visto? Los arañazos y la sangre y las heridas, llega marcado. Son muy agresivos, más que en Europa…pero son daños físicos no psíquicos, disfruto como juega y que sea rockie del mes en la NBA, y ¡jolín me llena de satisfacción!”.

Hoxe Pau Gasol é xa un xogador consagrado na elite do baloncesto mundial. Conocino como “novato” na NBA e fun testemuña, como infinidade de afeccionados, da súa extraordinaria ascensión como ser humano e como deportista no baloncesto norteamericano e na Selección Española. O seu paso inolvidable polos Grizzlies de Memphis foi o comezo dunha carreira de triunfos, galardóns e premios nos Chicago Bulls, Ángeles Lakers e agora en San Antonio Spurs. Pero seguramente, Pau e a súa familia nunca esquecerán que viviron aquel soño cerca das estrelas no firmamento do baloncesto, ao ritmo dunha música con raíces profundas, que soa en Beale Street e que deu esperanza a unha familia que fixo de Memphis a cidade dos seus soños.

Compartir artigo