Revista Punto

2018-10-31T16:24:21+00:00 Cultura, Música, Radar

O intimismo máxico de José González

Redacción
Redacción31 Outubro, 2018
O intimismo máxico de José González

Chegou José González a Pontevedra na primeira noite de inverno. Pero foi abrigo e acubillo para todos os que acudiron esa velada ao Teatro de Afundación a escoitalo. Ás nove en punto xa estaba sobre o escenario e un minuto máis tarde o seu son, ese son máxico e único, inundábao todo.

Os seus dedos acariñando a guitarra e a súa voz inconfundible revelaron, unha vez máis, a súa sensibilidade compositiva, singular e preciosista. E é que a súa música non deixa indiferente. Elévache do asento, envólveche, atrápache. É máis que un arrullo. Porque fai temblar as entrañas. E toca dentro, moi dentro. Case tanto que se escapa.

Parco en palabras, introduxo a súas cancións nese español de herdanza familiar e pouco a pouco foi tecendo unha nana de intensidade emocional ininterrumpida. Aos seus grandes éxitos –Crosses, Heartbeats– sumáronselle cancións do seu último disco, Vestiges & Claws, e algunhas pezas da súa outra marca, Junip. Versionou unha vez máis a Massive Attack –Teardrop– e pechou o concerto con The Beatles. E fixo maxia de novo, porque consegueu converter cada estrofa dos británicos en algo seu, propio. Noso, único. Logrou incluso, que durante hora e media nos creramos que aquel teatro, naquel preciso instante, parecese o lugar máis fermoso do mundo. E non foi pouco.

©Clara Sánchez

Compartir artigo