Revista Punto

2018-09-14T10:26:40+00:00 Cultura, Danza, Radar

Nova Galega de Danza-Tradición e vangarda

Redacción
Redacción4 Setembro, 2018
Nova Galega de Danza-Tradición e vangarda

Se queremos falar de danza contemporánea en Galicia non podemos falar doutra compañía que non sexa Nova Galega de Danza. Nova Galega de Danza nacía en 2003 impulsada por Jaime Pablo Díaz, coreógrafo e actual director da compañía, e Vicente Colomer. O primeiro espectáculo que presentaron foi “Alento”, co que acadaron moi boas críticas e recoñecementos como o Premio MAX das artes escénicas, e a este show seguírono outros como “Engado”, “Tradicción” ou “Dez”, que servía para conmemora o décimo aniversario da compañía, e máis recentemente “Son”.

Co seu último espectáculo, “Son”, que supuxo un momento de reinvención e de cambio de rumbo para o grupo, Nova Galega de Danza continúa coleccionando éxitos. “Son” é un espectáculo innovador no que fusionan danza tradicional galega, danza contemporánea e flamenco. Esta montaxe, creada por Jaime Pablo Díaz en colaboración co coreógrafo Carlos Rodríguez, o cantaor flamenco Juan Debel e Javier Feijó “Xisco”, reúne a un novo corpo de baile e, tras ser lanzada en maio de 2016, xa foi presentada nunha xira por Galicia e en diversos países de Europa e do mundo.

Nova Galega de Danza representa a danza contemporánea no seu sentido máis amplo, cun elenco de alto nivel e espectáculos orixinais e cativadores que mesturan tradición e vangarda. Para estar ao tanto das novidades sobre a compañía podedes seguirlle a pista nas redes sociais e en NovaGalegadanza.com.

Compartir artigo