Revista Punto

2018-09-11T17:20:54+00:00 Cociñar, Lifestyle

O xeado máis gótico está de moda

Mmmm! Xeados
Paula Vázquez
Paula Vázquez4 Setembro, 2018
O xeado máis gótico está de moda
Mmmm! Xeados

De todos os alimentos, o xeado poida que sexa un dos últimos en deixar as cores de lado para amosarnos o seu lado máis escuro. Curioso é que xustamente o polo oposto do que estabamos acostumados a atoparnos en calquera xeadería estea, agora, pisando forte. Os millennials e foodies máis activos da rede social Instagram de Carballo (A Coruña), e arredores, xa caeron rendidos ante o negro de Cinza, un xeado da tenda artesanal Mmmm! Xeados completamente negro (e valga a redundancia!), cuxa base é o carbón activo.

Quen o probou, apunta a un sabor doce e apetitoso… mais descubrir o gusto vai no padal de cadaquén. Iso si, as expectativas están máis que cumpridas, pois desde a propia xeadería carballesa apuntan que a demanda deste doce pouco frecuente non deixou de crecer desde que o puxeron á venda no mes de xullo. Mesmo houbo quen chegou desde Madrid á vila carballesa para probalo! E ademais da súa potente e infrecuente cor, resulta que Cinza é un xeado saudable, ao estar elaborado con carbón activo, ingrediente que axuda a eliminar toxinas do noso corpo e a reforzar as defensas.

E vós, atrevédesvos cun xeado de carbón?

Compartir artigo