Revista Punto

2018-08-09T11:07:44+00:00 Ao Volante, Lifestyle

Mercedes CLS

O familiar deportivo
Redacción
Redacción7 Agosto, 2018
Mercedes CLS
O familiar deportivo

O novo CLS chegou ao mercado nacional. Cun deseño sofisticado, xúntase algunhas sorpresas aos trazos característicos do modelo. Deixa de ser 2+2 e ofrece tres lugares no asento traseiro cos respaldos abatibles asimetricamente. A gama CLS conta con tres motores de bloques de seis cilindros: dous a diésel e outro cunha potencia máxima de 367 cv. Esta vertente inclúe un segundo motor eléctrico, cunha potencia de 22 cv, coa función de complementar o motor de combustión nas aceleracións e nos momentos nos que o condutor está rodando sen ter que acelerar. En canto aos motores diésel, a escolla recae entre as versións 350d de 286 cv, ou 400d de 340 cv.

No interior, podemos encontrar novas pantallas dixitais que poden chegar ás 12,3 polgadas no panel de instrumentos e na consola central. Esta edición conta de serie cunha chave de cambio con acabado en negro brillante e unha moldura cromada en alto brillo, revestimento das portas AMG iluminadas, tapizados en pel de cor negro perla ou negro, cadro de mandos e portas en pel, acabados interiores en madeira de freixo e lamias en aliaxe de 20 polgadas.

Podemos contar tamén cun sistema de tracción integral 4Matic, – común a tódolos CLS –  e, como xa ten acontecido cos últimos modelos, existe unha edición especial ao inicio da comercialización. A terceira xeración do Mercedes-Benz CLS ten os seguintes prezos: a versión máis accesible, o CLS 450 4Matic, a gasolina, está dispoñible a partir de 98.894 euros; a gama diésel comeza nos 101.800 euros.

 

Compartir artigo