Revista Punto

2018-04-04T14:30:10+00:00 Ao Volante, En Destaque, Lifestyle

Lamborghini Urus

O touro enfurecido
Redacción
Redacción3 Abril, 2018
Lamborghini Urus
O touro enfurecido

O Cando pensamos na marca Lamborghini, pensamos en coches superdeportivos, en velocidade e podemos seguir pensando, só temos que engadir as siglas SUV. O nome Urus, tamén coñecido como ‘uro’, o antepasado salvaxe dos bovinos domésticos.
O Super SUV utiliza un motor V8 de aluminio con 3996CC con dous turbos (novidade na marca) e cilindros a 90º, capaces de cargar 650CV e 850Nm. Desde logo, este rexistro sitúao nun plano por enriba dos seus competidores como o Bentley Bentayga de 608CV e o Mercedes G65 con 629CV. O Lamborghini Urus permite acelerar a 100 km/h en 3,6 segundos, superar os 200 km/h en 12,8 segundos e continuar acelerando ata un máximo de 305 km/h. O deseño exterior, atractivo e aerodinámico, do Lamborghini Urus rende homenaxe aos seus antecesores. Desde logo ao LM-002, pero tamén as reminiscencias do Miura e Aventador axudan a explicar a razón pola cal o motor está situado na dianteira. Da combinación das dobras do capó que estreou a marca co Countach, a firma da iluminación en Y e as grandes entradas de aire e aleróns en posición baixa, resulta unha imaxe feroz e verdadeiramente deportiva para o Urus.

Lamborghini tampouco se esqueceu do interior. Destaca o asento do condutor, co piloto acollido polos asentos deportivos DNA con memoria e 12 axustes. Nunha
atmosfera onde se combina a pel dos asentos con alcantara, aluminio, fibra de carbono e madeira, tamén destaca a natureza intuitiva dos controis.

O novo Lamborghini Urus, recén chegado ao mercado na primavera de 2018, está dispoñible en Europa a partir de 191.429 €. En 2019 está previsto o lanzamento dunha versión híbrida plug-in do Urus, unha estrea en Lamborghini.

Compartir artigo