Revista Punto

2018-11-07T09:55:50+00:00 Ao Volante, Lifestyle

Jeep Compass: unha viaxe máis cómoda ca nunca

Redacción
Redacción6 Novembro, 2018
Jeep Compass: unha viaxe máis cómoda ca nunca

A tradición combínase coa innovación no novo Jeep Compass, que renova as características máis míticas que converteron en lenda o deseño da marca Jeep. Trátase dun perfil dinámico e sofisticado que destaca do resto. Así, o Jeep Compass ten unha presencia impotente que deriva do seu deseño aerodinámico. O seu teito negro e a moldura cromada que rodeas as lúas enmarcando a traseiras e os laterais, fan inmediatamente recoñecible ao novo SUV.

Perfís esculpidos, elementos de deseño propios do Jeep, materiais de primeira calidade e tecnoloxía de vangarda son elementos que fan do interior do novo Jeep Compass o entorno perfecto para os teus desprazamentos. Prepárate para comezar a conducir: o habitáculo do condutor, deseñado a conciencia, conta cun cadro de instrumentos con pantalla cor de 17,8 cm (7”). Non despegues a man do volante e centra a túa atención na estrada mentres controlas os sistemas de son e voz, así como a velocidade, con mandos integrados.

Co novo Jeep Compass podes experimentar unha forma máis intelixente, sinxela e segura de utilizar o teu Smartphone Android ou Apple, o que che permite realizar chamadas de teléfono, acceder á música, enviar e recibir mensaxes…Descubre unha nova forma de permanecer conectado ao teu Smartphone grazas ás novas características dispoñibles en Uconnect™ 21,3cm (8,4″) NAV. Apple CarPlay permite que os usuarios de iPhone accedan a Apple Maps, mensaxes, teléfono e Apple Music a través de Siri. Android Auto™ permite o acceso fácil e seguro ao control de voz con mans libres, Google Maps™ e Google Play Music™ a través da pantalla táctil de Uconnect™ ou os mandos do volante.

A combinación dunha capacidade 4×4 envexable e as opción de unidade motriz con consumo eficiente de combustible, converten ao novo Jeep Compass no SUV compacto deportivo-utilitario de maior capacidade do mercado.

O verdadeiro confort é poder gozar sempre dunha experiencia de condución segura e fiable. O novo Jeep Compass protexe ao condutor e acompañantes con máis de 70 características de seguridade dispoñibles: seis airbags de serie e múltiples función de seguridade activa e pasiva, que aportan unha protección extraordinaria que axuda a evitar problemas.

Compartir artigo