Revista Punto

2018-11-02T10:47:17+00:00 Decantar, Lifestyle

Imos de viños?

Paula Vázquez
Paula Vázquez2 Outubro, 2018
Imos de viños?

O viño é todo un ritual na mesa dos galegos, así como o mellor aliado da nosa gastronomía. Na Punto presentámosvos unha selección dos mellores espazos gastronómicos para ir de viños ou para mercar produtos que non podedes deixar de coñecer se visitades Galicia.

VIDE, VIDE!
Espazo enocultural cunha tenda para a venda directa , ademais de sala de catas e diversas actividades en pleno centro de Santiago de Compostela. Espazo especializado en viños galegos con vocación divulgadora da cultura do viño.

Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Xamonería Catro Camiños

Neste local atoparedes todo tipo de cervexas de importacións, viños, xamóns, queixos e embutidos ibéricos, ademais de polbo todos os domingos.

Rúa Cruz de Mera 1 (esq. Manuel Losada), Gondomar (Pontevedra).

Juncal Alimentación

Tenda gourmet e familiar especializada en produtos galegos desde o ano 1953. Entre eles destacan os queixos, os viños e as conservas.

Rúa Peregrina 9, Pontevedra.

La Espuma

Tenda de especialidades gourmet, viños vintage e Delicatessen. Trátase dun pequeno anticuario de botellas que dormen ao lado de produtos de vangarda.

Rúa Camino Iglesia 90, Ferrol (A Coruña).

A Curuxa Tasca

Antiga taberna de viños, petiscos e xantares. Destaca a súa cociña de leña e as receitas galegas. Tamén ofrecen queimadas.

Rúa Ubaldo Pasaron Y Lastra, 4, Ribadeo (Lugo).

Taberna O Secreto

Nesta taberna coruñesa atoparedes viños e tapas elaboradas nun local concorrido con asentos altos, ambiente animado e terraza.

Rúa Alameda 18, 15003 A Coruña.

Compartir artigo