Revista Punto

2018-08-09T17:58:40+00:00 Descubrir, Lifestyle, Radar

Illa de Arousa

Inmaculada e de espírito independente
Filipa Santos Sousa
Filipa Santos Sousa7 Agosto, 2018
Illa de Arousa
Inmaculada e de espírito independente

A costa marítima é unha das maiores fontes de riqueza de Galicia, ao nivel da práctica de actividades como a pesca, pero tamén de atracción turística. As varias illas existentes xorden como un dos seus maiores puntos de interese. Discreta aos ollares do mundo, e situada no corazón da ría co mesmo nome, nunca está de máis (re) descubrir a Illa de Arousa.

Desde 1985, este lugar está ligado á terra por unha ponte de dous quilómetros, factor que fomentou o seu crecemento económico e social. Hoxe, a Illa de Arousa é o único concello insular de Galicia e a casa de cerca de cinco mil habitantes, que encontran sustento no marisco e no pescado. Cunha beleza inmaculada, motivos non lle faltan para ofrecer as vacacións soñadas, sen saír das Rías Baixas. Menos transitada por turistas, a Illa de Arousa é o refuxio ideal para quen quere fuxir ás colas de espera. O terreo, pouco accidentado, é propicio para paseos en bicicleta, ou para longas camiñadas. O Parque Natural de Carreirón é unha das zonas máis fascinantes de toda a illa, ao combinar á perfección a contemplación da natureza pura, co deleite das súas moitas praias. Piñeiros, garzas, unha lagoa e moitas especies de animais comparten o parque cos veraneantes.

Considerada unha área protexida, o Parque Natural de Carreirón ofrece aos seus visitantes a sensación de que as praias son apenas súas e, claro, dos coellos que aparecen no camiño. Cunha extensión de 1,3 quilómetros cadrados, os encantos naturais son diversos, destacando o Illote do Areoso e a Praia de Xastelas, a cal debido ás súas augas tranquilas e cerca de 790 metros de longo, preséntase como unha opción perfecta para as familias.

Localizado na parte máis alta –a 63 metros de altura por riba do nivel medio do mar–, o Miradoirro Con do Forno é outro dos sitios que non pode faltar nunha visita á Illa de Arousa. Desde este punto,é posible admirar a paisaxe envolvente, incluíndo os concellos veciños de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e O Grove. Alén diso, nas inmediacións do Con do Forno e, en canto se deixa perder pola liña do horizonte, pode aproveitar a zona recreativa, apta a recibir pícnics e merendas. No centro da vila, aproveite para deleitarse co ambiente acolledor do pequeno porto pesqueiro e probar algúns dos pratos da gastronomía local. Despois diso, suxerimos ao lector que se desprace ata o Faro de Punta Cabalo, que se encontra nunha das zonas máis privilexiadas da illa. Este é un dos símbolos do concello, sendo posible chegar a el tanto por terra como por mar. Próximo á Praia de Area Secada, é indispensable para observar un excelente solpor.

Entre cantos e recantos, uns máis coñecidos ca outros, a illa está repleta de curiosidades. Para re (descubrir) este concello insular, aconsellamos a estancia na propia illa, onde sobran as opción, desde os campings a aloxamentos hoteleiros. Ao percorrer as rúas e praias vai sentir a natureza inmaculada, ben como o espírito aguerrido das súas xentes. De feito, é fácil chegar á Illa de Arousa, o difícil é marchar.

Compartir artigo