Revista Punto

2018-10-18T20:11:00+00:00 Descubrir, Lifestyle

Un spa de viñoterapia

Eurostars Monumento de San Clodio Hotel & Spa****
Redacción
Redacción2 Outubro, 2018
Un spa de viñoterapia
Eurostars Monumento de San Clodio Hotel & Spa****

O Mosteiro de San Clodio, en Leiro, alberga o primeiro spa de viñoterapia de Galicia. Recentemente inaugurado, o spa ofrece tratamentos que empregan produtos derivados da uva e do viño.

O Mosteiro de San Clodio está ubicado en Leiro, na comarca do Ribeiro, e data do século XII. Foi totalmente rehabilitado ata converterse nun complexo hoteleiro, ao que se suma agora o spa de viñoterapia. Un dos obxectivos deste novo modelo de spa é potenciar e reforzar o enoturismo na zona, e ao mesmo tempo contribuír a incrementar o turismo termal da provincia de Ourense, presentando o destino como un lugar perfecto para relaxarse. Con esta finalidade, ofrecen paquetes de aloxamento con visitas guiadas a bodegas, percorridos por viñedos e degustación de viños.

En canto aos tratamentos de viñoterapia, desde o hotel aseguran os beneficios que aporta a uva para a pel -flexibilidade, hidratación e firmeza-, así como as propiedades antioxidantes e de activación da circulación. Tamén ofrecen outro tipo de tratamentos como o detox ou olivoterapia.

O hotel conta con catro estrelas e divídese en dúas plantas, nas que, ademais das habitacións, dispón de sauna finlandesa, ducha de contraste, baño turco, piscina, sala de masaxes e zona de relaxación. O atractivo que pode chegar a suscitar o novo spa, tanto pola novidade dos tratamentos como polo propia contorna na que está localizado o hotel, é o reforzo perfecto para o Eurostars Monumento de San Clodio.

Compartir artigo