Revista Punto

2018-08-24T15:44:20+00:00 Decantar, Lifestyle

GURES

O licor do fin da terra
Redacción
Redacción5 Xuño, 2018
GURES
O licor do fin da terra

Nunha pequena botella co debuxo dunha caveira e os números dunhas coordenadas xeográficas preséntase GURES. Unha pequena aldea situada na Costa da Morte, concretamente no concello de Cee, é a encargada de bautizar co seu mesmo nome a este peculiar augardente, aínda bastante descoñecido, que se produce, sen embargo, en Ourense. A bebida GURES, feita en Galicia, trata de eliminar tópicos e presenta unha bebida que recupera unha receita familiar clásica, para crear un renovado augardente.

É un produto a base de augardente de uva godello, mencía, xerez, garnacha e dona branca, café natural, azucre e cítricos. “GURES é punk entendido como a loita ante o preestablecido, pero 100% respectuoso coa tradición artesanal dos mellores licores galegos”.

O sabor desta bebida é intenso, potente e seco, pero ao mesmo tempo equilibrado, resultado dos ingredientes de máxima calidade que se empregan na súa elaboración e dun proceso de destilación totalmente tradicional. Isto é o que fai que a súa pureza prevaleza sobre outros engadidos, a diferenza doutros licores nos que destacan máis o azucre e os aromatizantes. Esta bebida ten 34 grados de alcohol e recomendan servila ben fría (entre 0º e 4º), aínda que tamén se pode tomar do tempo.

De momento, en Galicia pódese atopar á venda nos seguintes puntos: El Corte Inglés en A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (Gran Vía);  Pandelino, A Coruña (Rosalía de Castro 7); La Mejorana Deli Shop, A Coruña (Juan Flórez 59); La Novena, Oleiros (Ícaro 34), Vide Vide, Santiago de Compostela (Fonte de Santo Antonio 10).

GURES, coa súa calidade e coa súa imaxe alternativa e rompedora é a nosa aposta para converterse nunha das próximas bebidas de moda.

Compartir artigo