Revista Punto

2018-10-09T00:12:01+00:00 Cultura, Talento

“Gente que le echa ketchup a todo”

Lucía Carballeda
Lucía Carballeda2 Outubro, 2018
“Gente que le echa ketchup a todo”

Henri Matisse dicía que cómpre manter a frescura coa que un cativo se achega ás cousas, que é vital para un artista protexer esa inocencia. Parece que con Lúa Gándara (Vigo, 1988) nos atopamos ante un deses casos. Basta con ver o seu emprego de cores vibrantes ou a aparente espontaneidade das súas composicións.

“Gente que le echa ketchup a todo” (2016) amósanos un mundo no que a abstracción e a figuración -eses monstros conmovedores con dentes afiados- se dan a man, ao tempo que o seu traballo é capaz de evocar a un dos grandes expoñentes do neoexpresionismo, ese neno radiante tan aclamado pola crítica, Jean-Michel Basquiat.

“Me rasca la cara con la barba porque dice que me quiere”, “No me gusta el maíz dulce pero lo como en la ensalada” ou “Ibiza mix en invierno” son algúns dos títulos que Lúa escolle para as súas pezas. Deste xeito, todo ese mundo surreal que se nos abre na súa pintura, atopámolo tamén no interese literario á hora de bautizar a súas obras. As mesmas que tan ben encaixan no puzzle artístico da galería compostelá Federica No Era Tonta.

Compartir artigo