Revista Punto

2018-09-19T12:37:02+00:00 Negocios

Durmir nunha burbulla

Hotel Albarari
Redacción
Redacción5 Setembro, 2018
Durmir nunha burbulla
Hotel Albarari

A experiencia dos cinco millóns de estrelas. Así é como se presenta o primeiro hotel burbulla de Galicia, o Albarari. No Hotel Albarari Campo Stellae é posible pasar unha noite baixo as estelas. Estamos ante un proxecto pioneiro, un novo concepto de hotel, que aposta por gozar da natureza dunha maneira “totalmente inmervisa e respectuosa co medio ambiente”, ao mesmo tempo que permiten a observación astronómica. Aqueles que xa tiveron a oportunidade de visitalo defíneno como máxico e incrible.

Está situado en Breixo, Oleiros, en plena natureza e co Atlántico á súa fronte, e toda a contorna deste complexo glamping é envolvente. O Hotel Albarari ofrece a posibilidade de vivir unha experiencia única. É unha proposta hoteleira innovadora, rompedora e diferente. As habitacións son burbullas de aire, de deseño exclusivo, que contan con todo tipo de comodidades: suites con cama dobre ou individuais (tamén para familias), baño con bañeira, climatización, jacuzzi exterior, xardín privado con vistas ao mar, parking propio, espazo chill out e un completo almorzo campestre. Cada “burbulla” dispón dun telescopio para a observación de acontecementos como as Perseidas. De momento só contan cun complexo de “burbullas” para o aloxamento temporal dos seus hóspedes, pero ademais están preparando un novo hotel na zona das Rías Baixas, en Sanxenxo.

 

En Albarari non vos prometen a lúa, pero si poden achegarvos as estrelas. En definitiva, un luxo ao alcance de todos aqueles que queiran experimentar unha noite baixo o firmamento. As reservas de aloxamento poden facerse a través da web Albarari.es.

Fotos: Hotel Albarari.
Compartir artigo