Revista Punto

2018-10-19T13:59:00+00:00 Artesanía, Cultura, Radar

“Derivas vitais. Camiños irregulares”, de María Rivero

Redacción
Redacción19 Outubro, 2018
“Derivas vitais. Camiños irregulares”, de María Rivero

A artista María Rivero inaugurou o pasado 13 de outubro no espazo de arte compostelá Os Catro Gatos a exposición “Derivas Vitais. Camiños Irregulares”, que estará dispoñible ata o 14 de novembro. 

A autora define así as obras que compoñen esta mostra: “Dun trazo ás tres dimensións. Do debuxo á escultura, ao obxecto, ao espazo, á instalación. De dentro cara a fóra e de fóra cara a dentro Como un libro aberto, esta é a miña maneira de expresar como vexo o mundo e a vida a través dos meus ollos e as miñas mans. Como un libro aberto, esta é a miña maneira de expresar como vexo o mundo e a vida a través dos meus ollos e as miñas mans. “Derivas Vitais, Camiños irregulares” é unha proposta a través da cal se narran pequenas historias, derivas e camiños percorridos por obxectos, por persoas e pola sociedade mesma. Atopámonos con toda unha serie de lugares escultóricos e gráficos habitados, adaptados a unha escala ou máis ben, a un xogo de escalas. Cada libro-obxecto describe un nexo de unión entre a obra gráfica e a escultórica de mediano ou gran formato xerando así unha serie de obras que forman parte de camiños que non acaban e de proxectos vivos que se adaptan, van crecendo e madurando comigo e co espectador”.

Visitas

O horario de visita da exposición é de martes a sábado de 18.00 a 21.00 h. en Os Catro Gatos (Rúa das Rodas, 13, Santiago de Compostela).

Visitas Guiadas

Sábado 20 de outubro, 18.00 h.
Sábado 27 de outubro 18.00 h.
Luns 29 de outubro, 18.00 h.
Sábado 10 de novembro, 13.00 h.

Actividades

O sábado día 20 de outubro haberá unha sesión vermú coa artista, ás 12.30 h., na libraría Os Mundos de Carlota (Rúa de San Pedro, 52).

Durante o mes de novembro (os días 2, 3 e 4) María Rivero realizará un obradorio monográfico sobre o libro de artista e o libro obxecto: debuxos, parte gráfica, encuadernación, taller de moldes en pequeno formato. As incricións deben facerse contactando nalgún dos seguintes correos electrónicos: oscatrogatos@gmail.com ou baucis.maria@gmail.com.

Compartir artigo