Revista Punto

2018-07-23T18:17:05+00:00 Ao Volante, Lifestyle

Dacia Duster

Tanto por tan pouco
Nuno Sampaio
Nuno Sampaio3 Xullo, 2018
Dacia Duster
Tanto por tan pouco

Renault figura un ano máis como unha das marcas máis vendidas en España. O Clio brilla, mais os SUV están a crecer. E o Dacia Duster é a arma de elección, sobre todo agora que chega como Classe 1. Mexer só no que interesa, sen radicalizar o concepto. Foi o que os responsables de Dacia verdadeiramente pensaron na concepción deste novo Duster, cuxa lonxevidade no mercado, a pesar de notable (presente desde 2010), xa comeza a acusar o peso dos anos.

O novo Duster evolucionou moito con respecto ao anterior, en termos de calidade de materiais e solucións, pero igualmente a nivel do equipamento e estética, agora substancialmente máis atractivo, a pesar de, en esencia, ter mantido as liñas que o identifican como o modelo máis popular de Dacia. O problema foi que, para separar o capó do motor da mecánica, de forma a protexer a cabeza dos peóns en caso de atropelo, o Duster pasou a ter unha altura de 1,12 metros ao nivel das rodas, que urxía reducir polo menos dous centímetros.

A evolución do Duster trae tamén equipamento reforzado. O sistema de mans libres para o teléfono está dispoñible, o aire condicionado pode ser automático e o avisador de ángulo morto, a regulación automática dos faros e un sistema de aparcamento con catro cámaras tamén son opción. O aumento do equipamento e a mellora na insonorización ten o reverso da moeda no peso, xa que os novos Duster pesan, de media, 120 kg máis ca os anteriores.

O novo Dacia Duster está dispoñible en España nas versións 4×2 e 4×4, con motores a gasóleo e a gasolina, con cambio manual ou automático de dobre embrague EDC. Na versión a gasóleo contamos cun 1.5 dCi de 110 cv e na versión a gasolina contamos cun 1.2 TCe de 125 cv. O prezo base son uns atractivos 13.500 euros.

Fotografía: ©Grupo Renault.

Compartir artigo