Revista Punto

2018-08-28T09:30:52+00:00 Deporte, Rexión

Por fin chegou o Botafumeiro

Redacción
Redacción27 Agosto, 2018
Por fin chegou o Botafumeiro

Volveu o Rali Botafumeiro despois de moitos anos nos que sempre se falaba da súa volta ao calendario, pero non ía a ser ata esta fin de semana cando se celebraría por fin a XXVI edición do rali. Un rali que nunca defrauda e este ano non ía ser menos. Unha lista de inscritos moi longa e probablemente a de mellor calidade de todo o ano.

Empezaba o rali o venres cun tramo urbano que transcurría nas inmediacións do estadio San Lázaro e xa nos deixaba unha idea do que ía ser. Unha loita a 3 entre Víctor Senra e Iago Caamaño con sendos Ford Fiestas R5, e Alberto Meira e o seu inseparable Mitsubishi Evo X R4.

O sábado, xa co resto dos tramos cronometrados, viamos como Víctor Senra empezaba marcando territorio, pero Alberto Meira non perdía a súa estela. Pronto quedaría fora da loita Iago Caamaño por problemas na dirección e teríase que conformar co terceiro posto do caixón. Meira, que pese a ter un coche un pouco inferior, dou moita guerra, marcando incluso varios scrach, pero que non chegarían para ganarlle a un Víctor Senra que se levaba unha victoria máis que apretada e que fixo desfrutar aos milleiros de siareiros que ateigaban as cunetas da proba da capital. Unha vitoria que o coloca un pouco máis lider do campionato.

Senra Sport. Fotografía: Rallybotafumeiro.com

No tocante ás copas saltou a sorpresa na Top Ten Pirelli – Castrol A, xa que se impoñía o carnotán Pedro Castro que desta vez ía copilatado por Álvaro Vila, xa que o seu habitual copiloto, e irmán, non podía asistir por problemas laborais. Un gran rally do equipo Sps Competición que conseguia así a súa primeira vitoria que, incluso por asegurala, impediu que quedase un pouco máis arriba na clasificación xeral. A Top Ten Pirelli – Castrol B iría parar para un rápido, coma sempre, Martín Bello que sempre leva o seu C2 ao máximo. O Volante FGA iría para Daniel Berdomas e a Pirelli AMF para Rubén Gandoy.

Sps Competición.
Clasificación oficial XXVI Rali Botafumeiro

A próxima cita será o 7º Rali de Ourense-Ribeira Sacra que se celebrará o 22 e 23 de setembro.

Texto: Manuel Casais.

Compartir artigo