Revista Punto

2018-10-22T14:18:42+00:00 Axenda, Cultura, Radar

Comeza a Semana de Cine euroárabe ‘AMAL’

Redacción
Redacción22 Outubro, 2018
Comeza a Semana de Cine euroárabe ‘AMAL’

O festival de cine euroárabe AMAL, organizado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, chega á súa décimo sexta edición. Do 22 ao 26 de outubro proxectaranse no Teatro Principal de Santiago de Compostela nove películas, cinco delas de ficción e catro documentais.

A xornada inaugural, o 22 de outubro ás 20.00 h., será gratuíta e contará coa proxección do documental Nacido en Gaza (2014), de Hernán Zin, rodado durante o ataque israelí contra a franxa de Gaza entre xullo e agosto de 2014. O resto da semana contará coa proxección de dúas sesións, unha ás 20:00 horas cun custo de 2 euros, e a outra ás 22.00 h. a un prezo de 3 euros. As entradas poderanse retirar o mesmo día da proxección, unha hora antes do seu comezo, na billeteira do Teatro Principal.

Compartir artigo