Revista Punto

2018-11-14T13:51:46+00:00 Radar

Ciclo de cinema social “Voces rotas”

Redacción
Redacción6 Novembro, 2018
Ciclo de cinema social “Voces rotas”

O ciclo de cinema “Voces rotas”, organizado por Afundación, trae unha colección de filmes que afonda en diversas problemáticas sociais como o racismo, a inmigración ou as guerras. Durante o mes de novembro proxectaranse en VOSE os filmes Yo, Daniel Blake (2016), de Kean Loach; Mustang (2015), de Deniz Gamze Ergüven; Ida, de Pawel Pawlikowski, e Verano 1993 (2017), de Carla Simón. As proxeccións faranse en diversas datas durante o mes de novembro nas sedes Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e a entrada é gratuíta.

Datas:

A Coruña
Yo, Daniel Blake. 12 novembro, 19.00 h
Mustang. 19 novembro, 19.00 h
Verano 1993. 26 novembro, 19.00 h

Ferrol
Yo, Daniel Blake. 12 novembro 18.30 h
Mustang. 19 novembro, 18.30 h
Verano 1993. 26 novembro, 18.30 h

Lugo
Ida. 13 novembro, 20.00 h
Verano 1993. 20 de novembro, 20.00 h
Mustang. 27 novembro, 20.00 h

Ourense
Verano 1993. 13 novembro, 20.00 h
Ida. 20 novembro, 20.00 h
Yo, Daniel Blake. 27 novembro, 20.00 h

Pontevedra
Yo, Daniel Blake. 13 novembro, 19.00 h
Mustang. 20 novembro, 19.00 h
Verano 1993. 27 de novembro, 19.00 h

Vigo
Mustang. 13 novembro, 19.00 h
Verano 1993. 20 novembro, 19.00 h

Compartir artigo