Revista Punto

2018-07-03T18:53:31+00:00 Cultura, Música, Personalidades

Charenée Wade

Festival de Jazz de Vigo
Miguel Estima
Miguel Estima3 Julho, 2018
Charenée Wade
Festival de Jazz de Vigo

Un dos puntos altos da programación do Festival de Jazz de Vigo, era o concerto de Charenée Wade, que tivo lugar no Auditorio Municipal do Concello no pasado domingo. A prestixiosa vocalista vén presentar o álbum Offering, acompañada por Oscar Pérez no piano, Paul Beandry no contrabaixo e Marc Ayza na batería. Foi un concerto con moita enerxía, con moita interacción co público, nunha forma fácil e simpática de cativar públicos para o jazz o pequeno auditorio do concello viviu un dos momentos máis interesantes do Festival de Jazz deste ano.

O festival continuou o día 2 co jazz experimental de 155, e con Kurt Rosenwinkel Caipi Band no Auditorio Municipal e Fonogenia na Sala Magnética. O día 3, Comando Radar e Virxilio da Silva acompañado por Dezron Douglas e Craig Weinrib no Auditorio Municipal e Fernando Sánchez Quartet na La Casa de Arriba e o festival remata o mércores 4 de xullo con Jeff Hirshfield Trio, Rossy & Vercher e Juyma Estévez.

Compartir artigo