Revista Punto

2018-10-29T16:50:42+00:00 Cultura, Música, Radar

Boogarins reiniciou o ciclo #OnTheRadar

Miguel Estima
Miguel Estima29 Outubro, 2018
Boogarins reiniciou o ciclo #OnTheRadar

A banda brasileira Boogarins actuou na Sala Radar de Vigo o pasado venres, 26 de Outubro, reiniciando o ciclo #OnTheRadar. Dino Almeida e Benke Ferraz comezaron a facer música xuntos cando aínda eran adolescentes e vivían na cidade de Goiânia, en Brasil. Facían pop psicodélico absorbendo toda a rica cultura musical do país que veu nacer Os Mutantes. O primeiro disco de estudo xurdiu en 2013, As Plantas Que Curam” unha gravación caseira, creando desde logo unha verdadeira lexión de fans. 

Viñeron pesentar á Sala Radar o disco  de 2017 Lá Vem A Morte, en formato cuarteto con Benke na guitarra, Ynaiã na batería, Raphael no baixo e Dino Almeida na voz e guitarra. Nunha noite frenética, enchendo os cantos da sala viguesa dun rock psicodélico moi propio.

O ciclo #OnTheRadar continuará en novembro con Miho Hatori o día 8; Sea Moya, o día 14 e Al Doum & The Faryds o 28. En decembro estarán Medicine Boy o día 1 e The Oscillation o día 15.

Compartir artigo