Revista Punto

2018-11-02T09:25:48+00:00 Ao Volante, Lifestyle

BMW i8 Roadster: o híbrido descapotable

Compartir artigo
Redacción
Redacción2 Outubro, 2018
BMW i8 Roadster: o híbrido descapotable
Compartir artigo

Chegado recentemente ao mercado nacional, o novo híbrido da marca alemá destaca por ter dúas prazas, portas con apertura ascendente e capota de lona eléctrica, que abre de forma automática en 15 segundos, incluso en movemento ata un máximo de 50 km/h, e que ten a vantaxe de ser de material téxtil, para pregar mellor por detrás do habitáculo. Unha sensación de andar co cabelo ao vento, no máis puro silencio. Conta tamén cunha novidade importante do grupo motopropulsor híbrido do i8. Primeiro, o motor de 1.5 litros e tres cilindros a gasolina é o mesmo, pero recibe filtro de partículas, un elemento importante de defensa dos pulmóns de quen está preto.

A batería do motor eléctrico gañou densidade enerxética, aumentando a súa capacidade dos anteriores 7,1 kWh aos actuais 11,6 kWh, polo que o Roadster consegue andar ata 53 km en modo eléctrico puro (utilizando o botón eDrive). Tamén ten melloras no rendemento porque, grazas a esta batería, o motor eléctrico gañou 12 cv, tendo agora un máximo de 143 cv. Sumándolle os 231 cv do motor a gasolina, o novo i8 alcanza unha potencia combinada de 374 cv. En termos de aceleración, o BMW i8 Roadster pasa dos 0 aos 100 km/h en apenas 4,6 segundos. A velocidade máxima, limitada eletronicamente, é de 250 km/h.

Nun automóbil híbrido plug-in, o consumo é de gran relevancia. Neste ámbito, estamos ante unha media de 2,1 litros/100 km e un nivel de emisións de CO2 de 46 g/km. E tratándose dun coche eléctrico, os tempos de recarga tamén son importantes, e a pesar de que aforra máis gasolina  ligándoo á corrente, o Roadster recupera enerxía ao frear. Nunha toma doméstica son necesarias 5h30 para unha recarga total, pero nunha wallbox de 3.6 kW tarda só tres horas.

Tendo en conta que o novo i8 é un concentrado de tecnoloxía, o sistema Route Guidance dá máis axuda. Se o condutor opta por esa solución, utiliza os datos da navegación para optimizar a utilización do motor eléctrico: dentro das cidades dá prioridade ao motor eléctrico; fóra delas, aforra batería e potencia o uso do motor a combustión.

Outra novidade está no modo de luces de máximos laser, no cal o sistema BMW Laserlight ofrece un alcance dos faros de 600 metros. Ao utilizar esta nova tecnoloxía, a marca mellorou a seguridade da visibilidade en condución nocturna. Con todas estas funcionalidades, o novo BMW i8 Roadster ten como prezo base uns 160.000 euros.

Compartir artigo