Revista Punto

2018-10-30T12:13:08+00:00 Axenda, Cultura, Radar

aRi[t]mar ultima os preparativos da gala de premios 2018

Redacción
Redacción29 Outubro, 2018
aRi[t]mar ultima os preparativos da gala de premios 2018

aRi[t]mar Galiza e Portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que leva a cabo agora a súa terceira edición, e ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a música e a poesía editada en Galiza e en Portugal, e aproximar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións
de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Os gañadores do certame aRi[t]mar 2018 foron:

Mellor tema musical galego: “Bailando as rúas”, A Banda da Loba.

Mellor tema musical portugués: “Amar pelos dois”, Salvador Sobral.

Mellor poema galego: “Blues do rei Bergman”, Lois Pérez.

Mellor poema portugués: “Com o ritmo da chuva”, Alexandre Brea.

Premio especial do xurado: Convergências Portugal-Galiza.

A gala de entrega de premios celebrarase o 31 de outubro no Auditorio de Galicia, ás 21.00 horas. Estará conducida por Carlos Meixide e Iria Pinheiro e nela participarán os e as artistas, poetas e institucións premiadas no certame, así como algunha que outra sorpresa. A entrada á gala é libre e gratuíta ata completar aforo, e previa recollida de billetes na Escola Oficial de Idiomas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela ou no Auditorio de Galicia tres horas antes do comezo da mesma.

Compartir artigo