Revista Punto

2018-11-21T20:31:38+00:00 Atelier, Lifestyle

Ardentia: carácter e experiencia

Equipo de Ardentia Xoias.
Redacción
Redacción4 Setembro, 2018
Ardentia: carácter e experiencia

Ardentia leva 30 anos deseñando e elaborando coleccións de xoiería contemporánea en prata. Esta longa traxectoria sitúa na actualidade a este taller de xoias como unha empresa de referencia no sector, e, grazas ao proceso de internacionalización as súas creacións están presentes en máis de vinte países. Ardentia, que ten a sede do seu taller en Coruña, no Polígono de Bergondo, conta co selo de Galicia Calidade.

Aneis, pulseiras, pendentes, colgantes, gargantillas e broches son as xoias que elaboran en Ardentia. O material que adoitan empregar neste taller para elaborar as pezas das súas coleccións é a prata de Lei, coñecida como prata 925, coa total garantía de calidade e autenticidade. Realizan todo tipo de pezas por encargo, totalmente personalizadas segundo o gusto do cliente. Os profesionais de Ardentia encárganse de acompañar ao cliente en todo o proceso de creación da peza, desde a elección do material e o deseño, ata a elaboración propiamente dita. Todo para que o cliente se sinta identificado e satisfeito coa peza creada.

A creatividade, a aposta polas innovacións tecnolóxicas, o talento creativo e o dominio do oficio artesán son as claves do bo saber facer dos profesionais de Ardentia. Sen esquecer a paixón que poñen en cada traballo que realizan, para conseguir os mellores resultados. As xoias de Ardentia están dispoñibles en diversos puntos de venta físicos; a mellor opción é visitar o sitio web da empresa (Ardentia.es) para coñecer cal deles é o máis próximo ou facer a compra directamente en liña.

Fotos: Ardentia.es.
Compartir artigo