Revista Punto

2018-10-29T13:10:26+00:00 Axenda, Cultura

Andres Jimenez Trio de tour por Galicia en novembro

Miguel Estima
Miguel Estima29 Outubro, 2018
Andres Jimenez Trio de tour por Galicia en novembro

La Casa de Arriba, en Vigo, acolle o primeiro de tres concertos que o pianista Andres Jimenez dará en Galicia. O concerto será o xoves 1 de novembro ás 22.00 h. e a entrada custa 5 euros. Ao día seguinte, venres 2, estará en El Cercano, Ourense, e no mítico Jazz Filloa da Coruña o sábado día 3. Os concertos serán en formato trío: Andres Jimenez, pianista e compositor, Antoine Brouze na batería e  Blaise Hommage no contrabaixo.

Andres Jimenez é un pianista nado en Madrid, que leva vivindo no estranxeiro desde a infancia. Inicialmente autodidacta, sen embargo, estudou música clásica no conservatorio de Xenebra, e realizou cursos con grandes mestres do jazz como Kenny Werner e Richie Beirach. Este ano vén co seu trío para interpretar principalmente as súas composicións, modernas, pero na tradición bop e hard-bop.

Compartir artigo