Revista Punto

2018-08-08T08:40:46+00:00 Decantar, Lifestyle, Radar

‘Atlantic Bubbles’

Alma Atlántica
Redacción
Redacción7 Agosto, 2018
‘Atlantic Bubbles’
Alma Atlántica

Alma Atlántica é unha das últimas propostas das Bodegas Martín Códax. Trátase de tres bebidas: por unha banda, dúas espumosas, unha mestura uva albariña e godello e un mencía rosado; pola outra, unha sangría. Tal e como as describe a propia marca: “unha nova forma de sentir e gozar as Rías Baixas”.

Comezamos polo Albariño & Godello, un mosto de uva 50% albariño e 50% godello. Parcialmente fermentada en depósitos isobáricos nos cales, de xeito natural, se crean as finas burbullas que logran aportarlle un enorme frescor. Ten un volume alcólico de 7% e un sabor doce pero equilibrado grazas ao godello que consegue darlle un toque máis suave fronte á elevada acidez do albariño. De cor amarela e cun aroma moi intenso, con toques a froitas como mazá, pera madura, melón, macedonia e notas florais é unha bebida “refrescante, saborosa, frutal e con burbullas”.

Por outra banda, o Mencía-Rosé, un espumoso cen por cen uva mencía. Igual de refrescante e saboroso ca o Albariño-Godello, é unha bebida con burbullas e 7% de alcol. De cor rosa pau e translúcido en copa, posúe unha alta intensidade aromática con notas de froitos vermellos frescos como amorodo, cereixa e fresa, gominola e caramelo de violeta.

As bebidas de Alma Atlántica son perfectas para acompañar pratos veraniegos como arroces con marisco, pescados, ou ben carnes e ensaladas.

Pero Alma Atlántica aínda non remata aquí: tamén conta cunha produción de sangría, a primeira sangría do Atlántico. Un produto sorprendente con toques cítricos e afrutados, onde se constatan os matices característicos que lle aporta a uva albariña, loureira e o caíño branco, a partir das cales se elabora. Ao igual que as anteriores, ten unha gradación alcólica de 7%.

Estas novidosas creacións que chegan da man de Martín Códax poden adquirirse na tenda online da marca, Almatlantica.com, ou en Martincodax.com, por un prezo de 7,50 €. Tamén están dispoñibles noutros portais online, así como en diversos puntos de venda físicos de Galicia. De seguro que vos sorprenderán!

Compartir artigo