Revista Punto

2018-09-17T14:58:24+00:00 Axenda, Cultura, Radar

Momentos Alhambra Acustiquísimos, un novo ciclo de concertos

Redacción
Redacción17 Setembro, 2018
Momentos Alhambra Acustiquísimos, un novo ciclo de concertos

O novo ciclo de concertos en acústico organizado por Art Music co apoio de Cervezas Alhambra chegará no mes de novembro a catro cidades galegas, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Ourense, para ofrecer vivencias cercanas e únicas en espazos singulares da man dalgúns dos artistas máis imprescindibles do momento.

Directos exclusivos. Artistas imprescindibles. Vivencias únicas. Iso é Momentos Alhambra Acustiquísimos, un novo ciclo de concertos que ofrecerá actuacións en acústico de Ángel Stanich, Elefantes, L.A., Tulsa e Depedro. En Momentos Alhambra Acustiquísimos, música e entorno fúndense nunha serie de espazos singulares e con encanto donde habitualmente non é posible escoitar música en vivo. O público poderá deixarse levar por un espectáculo diferente e cercano mentras goza dalgunhas das voces máis especiais e hipnóticas da escena musical coma nunca antes. Momentos Alhambra ofrece experiencias musicais únicas e irrepetibles para todos os sentidos. En Acustiquísimos, as barreiras entre o público e os artistas desdibúxanse para vivir unha experiencia musical intimista, única e exquisita.

Ángel Stanich
Venres 2 de novembro, 21.00 h. – Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento (Santiago de Compostela).

Elefantes
Venres 9 de novembro, 21.30 h. – Hall do Teatro Afundación (Vigo).

L.A. / Tulsa
Venres 16 de novembro, 21.30 h. – Loft do Palexco (A Coruña).

Depedro
Venres 22 de novembro, 21.30 h. – Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense).

As entradas para os catro directos están á venta a través da plataforma Ataquilla.com.

Compartir artigo