Revista Punto

2018-10-22T13:47:42+00:00 Axenda, Cultura

Carmen Boza, Marem Ladson e Javiera Mena en Acreativa Live de Afundación

Redacción
Redacción18 Outubro, 2018
Carmen Boza, Marem Ladson e Javiera Mena en Acreativa Live de Afundación

Tres das artistas máis relevantes do panorama musical alternativo tanto nacional como internacional, Carmen Boza, Marem Ladson e Javiera Mena, presentarán os seus novos traballos no marco de Acreativa Live’ dentro de Acreativa, un proxecto organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, na súa sede da Coruña, que ten como obxectivo amosar as tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas.

Nesta segunda edición, o foco centrarase na música como fío condutor pola súa ampla capacidade para ramificarse e influenciar outras escenas. As mulleres terá un espazo relevante, xa que o 80% das actividades que se desenvolverán no marco de Acreativa estarán protagonizadas por artistas femininas.

Boza, Ladson e Mena protagonizarán “Maridaxes”, un formato de cata-encontro dirixo pola sumiller galega Cristina V. Miranda, coa colaboración das bodegas González-Byass, Pernod Ricard e Martín Códax. Posteriormente á cata, cada artista ofrecerá un concerto coa banda completa. As maridaxes comezarán no hall ás 20.30 horas, e os concertos ás 22.00 horas no Auditorio.

Velaquí a relación de cada un deles:

18 de outubro, Carmen Boza. A gaditana está considerada pola crítica especializada como “un porteiro da guitarra, de carácter arrollador que transmite de xeito contundente no álbum copado de riffs e melodías que te capturan e que dan soporte a textos escuros e introspectivos”.

19 de outubro, Marem Ladson. A cantante ourensá presentará o seu primeiro disco. A moza galega está en todas as quinielas para ser un dos discos nacionais máis destacados de 2019. O seu disco de debut homónimo está composto por once cancións entre o pop, o rock e o folk, con temas que falan de autoafirmación, do paso da vida adulta e de ser unha muller adolescente.

20 de outubro, Javiera Mena. Covertida en artista de culto, Javiera Mena publica no ano 2013 Primeras composiciones 2000-2003, un disco no que se recuperan cancións dos seus comezos repletas de calidez e espontaneidade. O seu cuarto álbum chegou no 2014 Otra Era, e en 2017 regresou co single ‘Dentro de ti’, que está incluído no seu próximo disco, que poderemos descubrir en exclusiva en Acreativa.

Compartir artigo