Revista Punto

2018-11-20T17:52:04+00:00 Cultura, Talento

A través do espello e o que Alicia encontrou alí

Lara Pintos
Lucía Carballeda
Lucía Carballeda8 Maio, 2018
A través do espello e o que Alicia encontrou alí
Lara Pintos

O de Lara Pintos (A Coruña 1984) e a galería Federica No Era Tonta foi puro frechazo. Lara era unha artista talentosa e a galería só un proxecto. Pronto o número 48 da Rúa do Vilar foi testemuña da súa declaración de intencións. Coa exposición “The dinner party” ademais dun guiño á artista estadounidense Judy Chicago, Lara puxo de manifesto o seu talento e a súa defensa a ultranza da arte feminina.

“Happy” é a súa derradeira serie. Nela a artista analiza como as tendencias acaban por formar parte das expresións artísticas. Céntrase nas calidades plásticas do popular. “Me interesé en los globos por tener forma de números y ser metálicos, como referencia al ranking que nos marcamos profesionalmente los artistas”.

“Me interesé en los globos por tener forma de números y ser metálicos, como referencia al ranking que nos marcamos profesionalmente los artistas”. – Lara Pintos

A artista xoga coas cores, as formas rectas e curvas, ou aquelo que estes elementos infantís son capaces de reflectir. Neste caso Lara emprega un cero de cor prata coma un espello no que apropia artista se ve reflectida. Este xesto lémbranos a algúns grandes fitos da historia da arte como “La Venus del espejo” de Velázquez ou a obra máis paradigmática deste autor, “Las Meninas”, na que leva o xogo do espello ás súas últimas consecuencias. Tamén podemos atopar a pegada de Andy Warhol e a súa obra “Silver Clouds”, no feito de escoller estes elementos como obxecto plástico. No caso de Warhol, unha serie globos prateados parecían converterse en nubes.

Por outra banda, o feito de que Pintos empregue un elemento tan cotián como o é un globo implica segundo as súas propias palabras unha mestura da “cultura popular coa alta cultura”.

Agora está a traballar nunha serie de obras coas que participará no vindeiro mes de xullo nunha exposición colectiva nesta galería. Auguramos que será todo un éxito.

Tres globos
20×20 cm
Óleo sobre táboa.

Reflejo selfie
20×20 cm
Óleo sobre táboa

Compartir artigo